30 de decembro de 2013

XIX Torneo Aninovo de Xadrez

XIX TORNEO DE RAPIDAS DE ANINOVO

Xoves 2 de xaneiro ás 19,30 no CUR

Torneo suízo a cinco ou seis roldas (ou o que saia).

Empezando ás 19,30 no Centro Universitario de Riazor

Ritmo cinco minutos a finish

A cota de participación é de 2 euros.

Premios:

1º Clasificado: Trofeo + 25 euros
2º Clasificado: Trofeo + 20 euros
3º Clasificado: Trofeo + 15 euros
4º Clasificado: 10 euros

25 de decembro de 2013

Torneo de Carcassonne

A celebrar o domingo 29.

De 18,00 a 20,00

No Centro Universitario de Riazor (CUR)

Cota: 1 euro

Trofeo para o primeiro clasificado.

23 de decembro de 2013

Francisco Pedreira gaña o LXV Torneo de Navidad de Artesanos

Este ano o Torneo de Artesanos foi especial xa que incluía a celebración dos Torneos provinciais sub18 e sub14.

A clasificación da proba foi a seguinte:

1º Fran Pedreira
2º Alejandro Sánchez
3º Santiago Domínguez
4º Manuel García
5º Daniel Mayo

Ver resultados da Sub18

Ver resultados da Sub14

17 de decembro de 2013

LXV Torneo de Navidad de Artesanos

Este ano corría risco de desaparecer o tradicional torneo de xadrez do Círculo de Artesanos da Coruña. Mais a nosa Sociedade acudiu ao rescate desta proba e con todo o apoio do Círculo presentamos a edición de 2013 deste Torneo que chega a súa edición 65.

LXV TORNEO DE NAVIDAD DE ARTESANOS

Datas de celebración: Sábado 21 e Domingo 22 de nadal de 2013.
Vai en parte coincidir coa celebración dos Torneos Provinciais nas categorías sub18 e sub14

Sistema: suízo a cinco roldas.

Rolda 1ª: Sábado ás 16:00
Rolda 2ª: Sábado ás 18:15
Rolda 3ª: Domingo ás 12:15
Rolda 4ª: Domingo ás 16:00
Rolda 5ª: Domingo ás 18:15

Ritmo de xogo: 40 minutos con incremento de 10 segundos por xogada. En caso de non ter reloxos dixitais suficientes (pola celebración simultánea dos devanditos torneos provinciais) o ritmo cambiará a 60 minutos finish.

Participantes: Tódolos interesados nunha soa categoría.

Cota de Inscrición: 4 euros (gratuito para socios de Artesanos e de Palaestra)

Xeito de Inscrición: Mediante correo electrónico (asociacion@palaestra.net) ou no teléfono 981 150 168.

Premios:
1º Clasificado: Trofeo + 40 euros
2º Clasificado: Trofeo + 30 euros
3º Clasificado: Trofeo + 20 euros
4º Clasificado: 10 euros

Sorteo dun premio de 10 euros entre as planiñas de partidas entregadas que recollan toda a partida (incluirá aos xogadores do sub18 e sub14 que o desexen).

Entrega de premios: Domingo ás 20,15 horas coincidindo co peche dos Torneos Provinciais